Aviso:  Inscripciones cerradas hasta Septiembre

ES.PORT

O gardameta é o lugar máis específico no seo dun equipo de fútbol, non só polo estatus que lle conceden os regulamentos, senón polas esixencias que caracterizan a súa actividade competitiva, diferentes as dun xogador de campo. Tales exixencias requiren dun adestramento específico e coherente, segundo as esixencias do xogo e as súas características individuais. Tamén é certo que o gardameta é o gran esquecido nas sesións preparatorias do equipo, recordándonos de el, só durante a competición, xeralmente cando comete un erro que compromete o éxito do grupo. Pode ser debido á falta de medios materiais, humanos (expertos técnicos) ou de tempo, pero o gardameta non recibe o adestramento adecuado, senón que se adestra coma un máis, esixíndolle na competición aspectos que non foron adestrados. En resposta a isto, non somos xustos co gardameta.

Partindo desta reflexión e coa intención de contribuír a mellora e o coñecemento do traballo específico "naceu" Esport, un club deportivo "específico", con carácter de escola, sendo un punto de encontro para os gardametas de fútbol de todas as idades e niveis . Un centro onde a formación de xoves gardametas e perfeccionamento dos avanzados, será guiado por auténticos especialistas na xestión e control do adestramento de gardametas, a través dunha metodoloxía adecuada a cada unha das etapas.

Organizan:
ESPORT
Sporting Cambre
Colaboran:
Deputación da Coruña
Cabreiroá
Clave Xestoría Tributaria
Concello de Cambre
soydiferente.es